KS KineSaúde

Quen somos

KineSaúde é un centro de fisioterapia en Carballo (A Coruña) dedicado á valoración e ao tratamento das lesións e doenzas do aparello locomotor: dor de costas e cervical, contracturas, tendinopatías, esguinces e procesos de recuperación tras unha lesión ou unha cirurxía.

A consulta está dirixida por Joanby Graciela Maluenga Polidor, fisioterapeuta colexiada (COFIGA nº 4433), que atende persoalmente cada caso. O centro conta con rexistro sanitario C-15-004970.

Traballamos cun enfoque individualizado: unha primeira valoración para entender a orixe do problema, un plan de sesións adaptado á túa evolución —con seguimento da intensidade da dor en cada sesión— e pautas de exercicio para a casa, co obxectivo de que recuperes a túa actividade diaria e deportiva con seguridade e evites recaídas.

Que ofrecemos

Podes contratar sesións soltas ou un bono de tratamento pechado para todo o proceso de recuperación.

Onde e cando

Rúa Luis Calvo 27, Baixo. Carballo (A Coruña), CP 15102.
Horario de atención: de luns a venres, de 9:30 a 19:00.

Colexiación: COFIGA nº 4433 · ICOFCV nº 5387 — Rexistro sanitario C-15-004970.

Reservar cita